Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O enterro do berete despide o Entroido en Chapela

RR_Noticias

Unha fin de semana cargada de actividades relacionadas co Entroido. En Chapela unha comitiva fúnebre será a encargada de acompañar ás19:00 horas ao berete no seu último paseo antes de ser soterrado na praia de Arealonga. Cedeira e Saxamonde convocan tamén aos veciños a diferentes actividades nos seus centro culturais. En Soutomaior doce comparsas participan este sábado no desfile que partirá ás 17:00 horas da Avenida Xosé Solla.

O tradicional Enterro do berete na praia de Arealonga será o punto e final ás actividades do Entroido. A comitiva fúnebre, onde non faltará unha nutrida comparsa partirá ás 19:00 horas do Alto da Encarnación. O desfile percorrerá a Avenida de Vigo ata as Catro Ponte e dirixirase finalmente á praia de Arealonga, onde terá lugar o enterro.
As actividades continuarán a partir das 23:00 horas cunha verbena na Alameda a cargo da orquestra Atenas.
Tamén as parroquias de Cedeira e Saxamonde organizan esta fin de semana actividades propias do entroido. Así, no centro cultural Chan das Piñas a partir das seis da tarde de hoxe sábado celebrarase un entroido para os máis cativos con xogos, regalos e sorpresas. A partir das 23:00 os maiores serán os protagonistas con grandes premios para os disfraces máis divertidos e música. Haberá orellas para todos os asistentes.
Pola súa banda o centro cultural de Cedeira será mañá domingo 26 de febreiro cando despida estas actividades cun baile infantil a partir das 17:00 horas no que se repartirán agasallos entre todos os nenos que acudan disfrazados.
Desfile de comparsas en Soutomaior
As agrupacións partirán ás 17:00 horas da Avenida Xosé Solla para percorrer as rúas do centro de Arcade. Nesta edición participan un total de 12 comparsas, cinco de Soutomaior e as restantes de Poio, Tomiño, Pontesampaio, Ponte Caldelas e Redondela. Unha vez finalizado o desfile, a festa continuará na Alameda de talo Río coa actuación da orquestra “Arena”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará