Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER pide a non participación da corporación en manifestacións de tipo relixioso

RR_Noticias

Solicitan tamén que non se permita a difusión mediante megafonía de ningún tipo de evento ou cerimonia relixiosa salvo en casos puntuais, como aqueles eventos nos que se supere o aforo dos espazos dedicados a culto. Presentarán unha moción nese sentido no pleno que se celebra este mércores día 29 ás 20:00 horas no Multiusos. na mesma sesión solicitan a comparecencia do alcalde, Javier Bas e do edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Ballesteros.

A Agrupación de Electores entende que as institucións deben defender a súa aconfesionalidade tal e como se recolle na Constitución, motivo polo que demandan aos concelleiros da corporación que non asistan a ningún tipo de acto de carácter relixioso en representación do concello. Unha moción, que de aprobarse terminaría coa tradicional presencia dos membros da corporación en actos tales como procesións ou misas, que se adoitan celebrar nas diferentes festas, tales como a do Corpus. Reclmana tmaén que o Concello prohiba a difusión mediante megafonía de calquera evento ou cerimonia relixiosa co gallo de “garantir a liberdade relixiosa e de culto”. Os membros de AER reclaman tamén a comparecencia do edil de medio Ambiente, Miguel Angel Ballesteros para que dea explicacións sobre a situación na que se atopan as antenas de telefonía móbil instaladas no concello “maioritariamente sen licencia municipal” e para explique porque lles trasladou unha información errónea en torno á empresa contratada polo concello para analizar a situación de ditas antenas “quen nos dixo que non había ningún informe proque a persoa encargada de facelos se atopaba de baixa por un accidente” cando logo se demostrou que isto non era certo. Por outra banda, solicitan a comparecencia do alcalde, Javier Bas, para que dea explicacións sobre as negociacións que está a levar a cabo cos responsables de Fomento e Adif de cara á instalación dunha estación ou apeadeiro en Chapela así como do levantamento das vías ao seu paso pro esa parroquia.  

Noé Cano Agrupación de Electores
Defenden a aconfesionalidade do Concello
Explicación sobre as antenas de telefonía móbil
Piden a comparecencia do edil de Medio Ambiente Miguel Angel Ballesteros
Comparecencia do alcalde
Solicitan que Javier Bas dea explicacións sobre o futuro do tren de proximidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará