Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

No C.D. Arcade apostan por unha canteira moi nova para salvar a categoría

RR_Noticias

O equipo de Jonathan Álvarez está en postos de descenso directo, pero confían en mellorar os seus resultados nesta segunda volta. O seu xogo mellorou desde o inicio de liga, pero seguen a pagar os erros da súa falta de experiencia ao ser un equipo moi novo, con varios xuvenís entre os titulares. Nas próximas xornadas enfrontaranse a rivais directos, e a maioría deben visitar o Salgueirón, polo que o técnico confía en sacar resultados positivos e saír do pozo.

Logo de perder pola mínima co U.Dena, o Arcade afúndese na penúltima praza do grupo. O axustado do resultado diante dun dos equipos máis fortes da categoría, 0-1, demostra a calidade do equipo de Jonathan Álvarez, que fixo un bo partido. Con todo, e malia a melloría no xogo do equipo, os resultados non chegan. Queda aínda moita liga en xogo, e moitos enfrontamentos con rivais directos, e a maioría deben visitar o campo do Salgueirón. O adestrador confía en sacar un resultado positivo deses duelos, e saír do descenso directo. A próxima cita é co R.Bahía, equipo que pasa tamén apuros, situado na 15ª praza. Agora a política do club e seguir apostando pola canteira. Desde que comezou a liga o C.D. Arcade fixo unha aposta arriscada, confiar ó cen por cen na súa canteira e configurar un equipo de Segunda Autonómica cos rapaces que se formaron nas bases do club. O técnico recoñece que o obxectivo da permanencia “é difícil” pero aseguran que seguirán “traballando duro” para tentar conseguilo. Ilusión e gañas non lle faltan a este equipo, que se caracteriza pola súa xuventude. Ata sete xuvenís xogaron no partido do domingo co U.Dena, un deles de 16 anos. A resposta dos xogadores “é moi boa”, segundo Álvarez, aínda que en ocasións pecan de inexperiencia, e perden puntos por erros individuais “que non acontecerían con xogadores máis veteranos”. Para o técnico o importante é que se trata dun equipo con xogadores “da casa”, e de non poder cumprir co obxectivo da permanencia tentarán que o conxunto “madure un ou dous anos” en Terceira Autonómica para tentar despois o regreso a Segunda.  

Jonathan Álvarez adestrador
O técnico defende a decisión de apostar pola canteira e seguir cos xogadores da casa.
R. Bahía-Arcade
O domingo xogarán cun dos seus rivais directos pola permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará