Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela estuda crear unha plataforma en defensa da parroquia

RR_Noticias

A iniciativa estudarase nunha asemblea que terá lugar este sábado día 3 ás 17:30 horas no Multiusos do Piñeiral. Os veciños convocantes denuncian que dende o goberno local non se atendan as demandas veciñais. Poñen como exemplo o estado de abandono das inmediacións do propio multiusos e dos camiños do Subido e das Ánimas.

Xavier Garaloces é un dos veciños da zona do Piñeiral de Chapela e que xa presentou varias denuncias no concello polo estado de abandono que presentaba o lugar. Segundo explica hai meses realizáronse alí unhas obras que deixaron o camiño cheo de fochancas o que provoca importantes prexuízos tanto para os peóns como para os que se desprazan polo lugar en automóbil. Pon como exemplo o seu propio caso xa que rebentou unha roda do seu vehículo polo estado en que se atopa o camiño. Denuncia tamén que unha rotonda situada ao carón da Igrexa estase a usar “como depósito de cascallos e vertedoiro”. Unha situación que segundo aseguran outros veciños afecta tamén a outros camiños e lugares da parroquia que, ao seu entender está a ser discriminada por parte dos responsables municipais. Alberto Covelo, fala de abandono no camiño das Ánimas e no camiño do Subido, dúas vías importantes para os veciños por comunicaren a zona de Chapela de Arriba con Chapela de abaixo. Fartos de loitar a nivel individual, os veciños afectados convocan este sábado ás 17:30 horas no Multiusos do Piñeiral unha asemblea na que porán en común todos os pasos dados ata o de agora e poñer en marcha iniciativas que sirvan para atallar os problemas denunciados.  

Xavier Garaloces veciño de Chapela
Explica cal é a problemática concreta na contorna do Piñeiral
Alberto Covelo afectado
Dous camiños que teñen unha importancia vertebradora na parroquia
Asamblea do sábado día 3
Unha reunión para analizar o que se fixo e qué facer no futuro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará