Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local negociará con Fomento a mellora da seguridade vial na rotonda de Chapela

RR_Noticias

A moción presentada pola Agrupación de Electores na que demandaban unha serie de medidas na contorna da rotonda da A-9 nas inmediacións do Centro de saúde de Chapela de cara a incrementar a seguridade vial na zona saíu adiante cos votos a favor de PP e PSOE e a abstención do BNG.

AER denunciaba na súa moción as graves carencias que presenta esta rotonda o que dificulta o paso de peóns polo lugar, a pesar de atoparse nunha zona onde se concentran  un número importante de servizos e a pesar das demandas reiteradas dos veciños dende hai dez anos. Por este motivo solicitaban unha serie de obras consistentes en dar continuidade ás beirarrúas 200 metros antes e despois da rotonda, colocar pasos de peóns na entrada da autoestrada AP-9 e incrementar a seguridade dos peóns mediante semáforos. Unha solicitude que non contou co apoio do Bloque. Argumentaba Cecilia Pérez Orge a súa abstención por non estar de acordo con algún dos puntos presentados na moción, nomeadamente coa petición de que “se retranquen as beirarrúas para todas de máis aparcamentos a avenida”. Si votaron a favor os socialistas, aínda que con dúbidas sobre a posiblidade de financiar as obras demandadas. Unhas reticencias que Jorge Varela botaba por terra alegando que “as obras son competencia de Fomento e que polo tanto o custe para o Concello é cero”. Os populares comprometéronse a facer as xestións necesarias ante o Ministerio aínda que puntualizando que “as demandas neste sentido son moitas, afectan a varias parroquias e isto obrigará a establecer prioridades e a elaborar un calendario de actuacións”.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Os nacionalistas propuxeron deixar o tema sobre a mesa
Luis Orge PSOE
Os socialistas amosaban as súas reticencias polo financiamento das obras
Jorge Varela AER
Aseguran que as obras terán que ser financiadas por Fomento
Alberto Pazos PP
Unhas demandas que afectan a moitas parroquias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará