Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xavier Balsas e Marcos Torres novos responsables locais do BNG en Redondela e Soutomaior

RR_Noticias

Logo da XIII Asemblea Nacional do BNG, as Asambleas locais desta formación política están a renovar os seus órganos de dirección, o que leva a elixir aos novos responsable locais en cada un dos concellos.

Neste proceso de renovación, a candidatura encabezada por Xavier Balsas en Redondela contou co respaldo unánime da Asemblea. O novo responsable local é veciño de Trasmañó e exerce de representante do BNG no Consello Parroquial de Chapela.
Balsas subliñou que no momento político actual a formación ten como obxectivo prioritario “afortalar o traballo da organización para que o noso proxecto político poida consolidarse. Manterse en contacto directo coa cidadanía, e movementos sociais, coa idea de que é posíbel un modelo económico e social diferente”. Unha das primeiras medidas que vai desenvolver o Consello Local, vai ser a de participar activamente na mobilización social,  de cara á convocatoria de Folga da central nacionalista CIG.
Soutomaior
Pola súa banda, na Asemblea Local do BNG de Soutomaior celebrada o pasado luns procedeuse tamén á elección de novos responsábeis locais, nunha candidatura única na que quedou como responsábel Marcos Torres Estévez e como Vice-Responsábel Nacho Carballal Miñán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará