Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A escasa participación impide renovar a xunta directiva da AVV de Cedeira

RR_Noticias

O actual presidente do colectivo veciñal. Carlos Covelo, lamenta que non exista unha maior participación dos veciños da parroquia que permita renovar a Xunta directiva. Fai un chamamento a que a xente nova se involucre nos problemas da parroquia, entre os que destaca a necesidade de contar cun servicio de transporte que atenda a todos os barrios.

Carlos Covelo amósase canso logo de varios anos ao fronte da Asociación de Veciños de Cedeira e lamenta que a escasa participación na Asemblea celebrada este domingo e a inexistencia dunha candidatura permitise renovar a actual xunta directiva. O presidente laiase da situación actual xa que considera que é imprescindible a renovación e a chegada de xente nova así como a entrada da mocidade no colectivo, sobre todo nun momento importante por estarse a crear o Consello parroquial. Apunta ademais que ante problemas puntuais os veciños afectados si se mobilizan, pero que non existe un compromiso polo interese colectivo. En canto ás necesidades máis urxentes da parroquia falaba Covelo da necesidade de poñer en marcha un servicio de trasporte que chegue a todos os barrios de Cedeira, xa que segundo explica existen numerosas vivendas onde tan só contan cun vehículo, o que reduce notablemente as posibilidades dos veciños á hora de se desprazar.  

Carlos Covelo AVV Cedeira
Lamenta a escasa participación veciñal
Mellorar o transporte
Un servizo de transporte que chegue a todos os barrios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará