Rexeitan os argumentos esgrimidos polo concello para explicar os atrasos que dende hai meses sofren as obras que se están a desenvolver no camiño do Subido, o camiño das Ánimas e a zona do Piñeiral e convocan unha concentración protesta o mércores día 7 ás 19:00 horas ás portas do Concello.
O obxectivo desta mobilización, que segundo explicaba un dos afectados Alberto Covelo é tan só o inicio dun calendario de protestas que “non rematarán ata que non se retomen os traballos” é facer visible un problema que se prolonga xa durante meses, dende que se paralizaran as obras que se están a desenvolver en diferentes puntos da parroquia. Critican ademais que o goberno local trasladara á Asociación de Veciños “unha serie de explicación in extremis” horas antes da Asamblea do pasado sábado. Así os responsables do goberno explicaron que os atrasos tería a súa orixe en diferentes motivos, por unha banda a un erro no proxecto inicial que obrigou a incrementar o custe da obra e a afrontar novos trámites burocráticas no caso dos camiños, mentres que as obras de abastecemento e saneamento de Penisal, Igrexa e Formiga estarían paralizados pola quebra da empresa adxudicataria do proxecto que entrou en concurso de acredores. Con todo, os veciños aseguran que a estas alturas e logo de varios meses de espera “as explicacións non son suficientes” polo que van seguir adiante co calendario de mobilizacións.