O PP critica “a xestión pouco transparente do bipartito” que obrigou ao concello a aportar dous millóns de euros nun obra na que xa se investiron 5’5 millóns a pesar de que nun principio debía cubrirse cos 3’2 millóns procedentes do Plan E.
Un elevado investimento que podería incluso ter que incrementarse, xa que aínda están pendentes algunhas obras a maiores como “a conexión á electricidade e o subministro de augas, así como a urbanización da contorna do edificio”. Con todo, a imposibilidade de dar datas de apertura responde sobre todo a que aínda está pendente de que se realice un novo concurso de adxudicación das instalacións que permitan que algunha “empresa ou cooperativa” asuma o servicio sen custe algún para o Concello. Sobre o elevado custe desta piscina, que nun principio ía ser un Centro de deportes acuáticos, o edil do PP, Alberto Pazos explicou que en gran medida habería que buscalo na “xestión pouco transparente do anterior goberno municipal que levaron a que os custes se dispararan de xeito completamente intolerable”.