Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno extraordinario no Concello de Redondela para abordar o pago a provedores

RR_Noticias

O Concello de Redondela acolle ás 20:00 horas de hoxe un pleno extraordinario no que se debaterá sobre a situación das débedas do concello, de cara a pagar ás facturas atrasadas aos provedores, tal e como se establece no Real Decreto aprobado polo goberno de Mariano Rajoy.

Mañá vence o prazo marcado polo Goberno estatal para que os concellos notifiquen a Facenta todas as facturas que teñen pedentes de pago cos provedores ata o 31 de decembro do pasado ano. Unha obrigatoriedade recollida no Real Decreto 4/2012 aprobado polo goberno de Rajoy e que obriga a todos os Concellos a remitir a Facenda estes datos a través dun certificado no que se recollan as cantidades pendentes de pago aos diferentes provedores da administración local.
Ante a necesidade de pechar o asunto antes do 15 de Marzo, o gobenro local convoca este pleno extraordinario que se celebrará hoxe na Casa do Concello ás 20:00 horas e onde se  presentará un listado de facturas atrasadas elaborado nas últimas semanas polo servizo de Intervención e se determinará a contía da débeda municipal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará