Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección de documentais sobre o consumo responsábel

RR_Noticias

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira organiza no mes de marzo dúas sesións de cine que terán lugar os xoves 15 e 22 de marzo no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas. Un pequeno ciclo de documentais que inclúen os títulos “Black Gold” e “De la mata a la olla”.

A través destes dous documentais a asociación Loaira quere trasladar ao espectador a necesidade de reflexionar e descubrir o que se agocha tras os alimentos que consumimos.
A primeira das proxeccións terá lugar mañá día 15 e no achegará a Etiopía. “Black Gold” retrata as condicións dos cultivadores de café no pais africano, berce do café. O documental segue a Tadesse Meskela, líder dunha cooperativa que viaxa aos Estados Unidos e ao Reino Unido para promover o café etíope e conseguir que paguen máis por un produto de primeira. Os numerosos intermediarios que existen entre a fonte de orixe e o punto de venda dificultan a comercialización e rebaixan as ganancias dos agricultores.
Xa o xoves 22 poderase ver o título “De la mata a la olla” de Erica Tomas, un audiovisual que mostra as cadeas de supermercados e experiencias alternativas de base campesiña en Nicaragua, México, Ecuador e Cataluña. Co-producido por ALBA SUD e a Fundación Luciérnaga, de Nicaragua o vídeo centra a súa atención nunha dupla perspectiva relacionada coa comercialización de alimentos: por unha parte, os impactos sociais das cadeas transnacionais de supermercados e, por outro, o desenvolvemento de distintas experiencias alternativas de base campesiña en diversos lugares.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará