Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela débelle aos provedores 587.000 euros

RR_Noticias

Pequenas facturas de provedores locais, débedas coas concesionarias ou con empresas de subministros, recibos de enerxía eléctrica ou telefonía… diferentes pagos pendentes por servizos realizados antes do 31 de decembro do 2011 e que suman un montante total de máis de medio millóns de euros. Así se recoñecía no pleno extraordinario celebrado onte no que ademais foron declaradas prescritas facturas sen pagar anteriores ao 2007 e que sumarían un total de 1’2 millóns de euros.

Hoxe acaba o prazo para que as administración públicas presenten ante o Ministerio de Facenda as facturas pendentes de abonar a provedores. A obrigatoriedade do plan aprobado polo Goberno central obriga aos concellos a sacar á luz as súas débedas e trazar un plan para pagar todos os recibos pendentes. O pleno de Redondela reuníase onte en sesión extraordinaria precisamente para recoñecer unha débeda que ascende a 587.000 euros. Unha sesión onde se presentou o informe elaborado contra reloxo polo servicio de Intervención e no que se recollía a contía final da débeda do concello. Un debate plenario onde non faltaron as críticas ao goberno de Mariano Rajoy. Dende os grupos da oposición acusaron ao goberno central das condicións recollidas no Real Decreto 4/2012 que obrigaron a facer un listado de facturas atrasadas en tempo récord. O socialista Leonardo Cabaleiro aseguraba na súa intervención en que malia o máis de medio millón de euros pendente de pago, o noso concello están en situación de afrontar eses pagos “polo que non debemos asustarnos” e anunciaban a súa intención de estar moi pendentes de como se van reflectir estes pagos nos orzamentos. Jorge Varela Chopi, voceiro da Agrupación de Electores, amosou a indignación do seu grupo cualificando de gravísimo que haxa “preto de dous millóns de euros en facturas sen pagar” algo difícil de explicar á cidadanía. Dende o BNG acusaron ademais ao goberno central de non buscar unha solución definitiva á situación económica que viven os concellos e reclamaron un novo modelo de financiamento para que as administracións locais poidan dar resposta aos servizos demandados polos cidadáns e cualificaron o Decreto, que permitirá a moitos concellos afrontar os pagos pendentes de ser “un simple parche”.   Os populares preferiron poñer o acento en que esta medida é “unha solución para que os concellos poidan pagar aos provedores e evitar así que moitos autónomos teñan que pechar”. Na nosa comarca atopamos concellos que non necesitarán recorrer ao préstamo estatal porque carecen de facturas pendentes, son os municipios de Soutomaior e Fornelos, mentres que o de Pazos de Borbén ten que facer fronte a unha pequena débeda de 23.000 euros. Unha vez que hoxe cheguen ao Ministerio todas as certificacións dos concellos, os provedores poderán a partir da vindeira semana comprobar en cada concello se figuran na relación de acredores para poder así solicitar o cobro correspondente.  

Ana Mª Alonso responsable de Facenda
A concelleira explicaba os acordos adoptados no pleno de onte
Jorge Varela AER
Cualificou de barbaridade as débedas pendentes no concello
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas esixen un novo modelo de financiamento local para evitar os endebedamentos dos concellos
Leonardo Cabaleiro PSOE
Os socialistas son opimistas sobre a posibilidade de afrontar os pagos aos provedores
Alberto Pazos PP
Os populares defenden o Decreto do goberno central como xeito de pagar aos provedores e garantir a súa viabilidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará