Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

I Festival de bandas locais no Centro Recreativo

RR_Noticias

Os grupos Tok, Nocheni, The Silence e Caramuxo Vermello subiranse ao escenario mañá sábado ás 21:30 horas. Un concerto de balde que organizada a Concellería de Cultura e que nace con vocación de continuidade.

O Centro Recreativo e Cultural de Redondela acolle este sábado o I Festival de Bandas Locais. Un festival organizado pola concellería de cultura que contará coa presencia de catro grupos da vila cuxos estilos van dende o rok&roll máis clásico ata o heavy metal. Falamos de Nocheni, Tok, The Silence e Caramuxo Vermello, grupos que contan cando menos cun disco editado e que mañá presentarán algunhas das súas cancións nun festival que nace con vocacións de continuidade e que arrancará ás 21:30 horas. Algúns dos músicos que mañá se subirán a ese escenario pasaban polos nosos micrófonos e non dubidaban en animar aos oíntes a que se achegaran a esta cita musical xa que segundo apuntan a presencia de público servirá para que as administración continúen apoiando este tipo de eventos que serve para dar a coñecer a música que se fai en Redondela.  

Grupos locais
Os integrantes das bandas que actúan o sábado convidan aos veciños a se achegar a esta cita

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará