Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE acusa ao PP do non pagar 200.000 euros e o PP replica que o bipartito deixou a caixa baleira

RR_Noticias

O socialista Leonardo Cabaleiro acusou aos populares de deixar sen pagar dende a súa chegada á alcaldía facturas por valor de 200.000 euros. Dende o PP replican que eses cartos investíronse en pagar compromisos adquiridos polo anterior goberno de Xaime Rei.

O socialista Leonardo Cabaleiro asegura que dende a chegada ao goberno local no pasado mes de xuño, o goberno do PP deixou sen pagar 200.000 euros a diferentes provedores. Unhas críticas que se producían no transcurso do pleno extraordinario convocado precisamente para abordar o recoñecemento de facturas non pagadas e que no concello de Redondela ascenden a 587.000 euros. Os populares non negaron o dato, pero aproveitaron para contraatacar recordando que cando chegaron á alcaldía atopáronse con moitas concellerías coa caixa practicamente baleira a pesar de que o bipartito tiña varios servizos contratados e sen pagar para o 2011. O voceiro do PP, Alberto pazos asegurou que o novo goberno “endebedouse para pagar os compromisos adquiridos polo bipartito” e asegurou que cando chegaron á alcaldía a mediados do pasado ano no departamento de Medio Ambiente quedaba tan só o 5% do orzamento anual” e que as concellerías de Ensino, Cultura e Deportes “contaban con tan só 72.000 para o que restaba de ano”.  

Leonardo Cabaleiro PSOE
Acusan ao goberno do PP de non pagar 200.000 euros en menos dun ano
Alberto Pazos PP
os populares asegurna que moias concellerías non tiñan fondos para afrontar pagos xa comprometidos polo bipartito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará