Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O agro como unha alternativa de autoemprego

RR_Noticias

A cooperativa Trespés organiza este sábado a xornada técnica “Agro e cooperativismo. Propostas e oportunidades”, unha actividade que se desenvolverá en Pazos de Borbén aberta a todas as persoas interesadas en coñecer as potencialidades do sector agro-gandeiro. Para poder participar na xornada débese realizar a inscrición no correo info@trespes.com ou no teléfono 986110045.

A celebración desta xornada, que contará coa participación de técnicos en desenvolvemento rural da Xunta de Galicia e da USC, así como de representantes de diferentes experiencias xurdidas en Galicia vinculadas á produción hortícola, explotación gandeira e aproveitamentos da biomasa, inxírese no marco do proxecto de investigación sobre as potencialidades da actividade agro-gandeira en Pazos que desenvolveu nos últimos meses a cooperativa Trespés en colaboración coa Consellaría de Traballo e Benestar e a Federación de Cooperativas Sinerxia. O proxecto, enmarcado nunha estratexia de promoción do cooperativismo, ten como obxectivo a realización dun estudo que contempla a análise da situación e expectativas de futuro do sector agro-gandeiro, explorar a existencia de persoas interesadas na actividade agraria e mostrar casos prácticos de experiencias de producións agrícolas e gandeiras no contexto galego. A través das actividades que se desenvolverán na xornada do sábado preténdese trasladar aos asistentes a idea de que a actividade agropecuaria é unha posibilidade real de emprego, poñendo o acento nas potencialidades do sector e trasladando aos asistente a existencia de experiencias do ámbito galego que están a funcionar e que se poderían trasladar ou ben dar orixe a outro tipo de proxectos na nosa contorna. Unha actividade gratuíta e aberta ao público en xeral que pode realizar a inscrición ben a través do correo info@trespes.com ou no teléfono 986110045. O programa da xornada pódese consultar no enderezo http://trespescoop.wordpress.com/

Paulo Jalonski Cooperativa Trespés
Explica cal é obxectivo da xornada e da análise do sector na actualidade
Experiencias concretas
Contarase con axemplos reais que están a funcionar
Público das xornadas
Está aberta ao público en xeral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará