Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG convoca aos veciños a diferentes actos contra a reforma laboral

RR_Noticias

A tan so uns días da celebración da folga xeral convocada polos sindicatos contra a reforma laboral, dende o BNG poñen en marcha un calendario de actividades de cara a trasladarlle aos veciños a súa posición ante a reforma. A primeira das citas estes xoves no Multiusos ás 20:00 horas coa deputada Olaia Fernández Davila.
 

O BNG de Redondela inicia este xoves un calendario de actividades no concello contra a reforma laboral. A primeira das citas será unha concentración diante do Concello este xoves ás 19:30 horas convocada pola CIG. A continuación, ás 20:00 horas, terá lugar no Multiusos un acto aberto no que estará presente a deputada por Pontevedra no parlamento Olaia Fernández Davila, quen exporá aos asistentes a postura do partido nacionalista ante a reforma laboral.
O venres convocan tamén un acto informativo no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela e fan un chamamento á cidadanía para que participen o sábado ás doce do mediodía nun acto protesta que terá lugar no Calvario e que contará coa presencia do Portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará