O Club Redondela Futbol Sala convida a todos os amantes deste deporte a participar do maratón que se celebrará no pavillón de Redondela os días 5, 6 e 7 de abril, coincidindo coas celebracións de Semana Santa.
Todo un clásico deportivo que celebra este ano a súa trixésimo primeira edición e cuxo prazo de inscrición estará aberto dende o 15 de marzo ata o 3 de abril. Os equipos interesados das categorías senior masculino e sénior feminino deberán formalizar as súas inscrición na cafetería Aifos ou na oficina do Club no Pavillón Municipal de Redondela os días de partido.
O prezo da inscrición é de 120 euros máis 30 de fianza para os equipos masculinos, 50 euros e unha fianza de 20 euros para os equipos femininos.
Esta prevista a participación de 40 equipos que poderán optar a algúns do premios nas categorías de campión masculino, subcampión, terceiro e cuarto clasificados, equipo máis deportivo, mellor xogador masculino, equipo menos goleado e máximo goleador.
Entre os equipos femininos haberá trofeo para os catro primeiros clasificados.