As persoas interesadas en acceder a estas prazas do grupo C deberán presentar a súa solicitude ante do 9 de abril. Todos os requisitos así como a documentación a presentar pode ser consultada na páxina web do Concello de Redondela no apartado “Ofertas de emprego”.
Os aspirantes a algunha destas tres prazas, ás que se poderá acceder a través do sistema de oposición libre, deberán contar cando menos co título de graduado escolar e estar en posesión do carné de conducir clase C. Deberán ademais superar unha serie de exercicios de aptitude física de carácter obrigatorio e eliminatorio. As probas concretas so nunha carreira de 200 metros lisos a superar en menos de 28 segundos e unha carreira de mil metros lisos nun tempo máximo de 3 minutos e 15 segundos. Deberán enfrontarse ademais a outras probas físicas entre as que se atopan gabear por unha corda ou unha proba de natación.
Os ineresados en acadar unha destas prazas deberán tamén enfrontarse a varias probas escritas nas que se valorarán os seus coñecementos en materias específicas enmarcadas dentro do temario así como os seus coñecementos de lingua galega.