O rostro máis recoñecible da loita contra a droga estará mañá sábado no Multiusos da Xunqueira para presentar a curta “Ni locas ni terroristas” dentro do programa de actividades organizadas polo PSOE local no noso Concello en torno á muller.
A presidenta de Fundación Érguete-integración Carmen Avendaño presentará esta curta da que é protagonista como unha das cinco nais que de xeito incansable loitaron contra a droga. Será ás 19:30 horas no Multiusos e logo da proxección haberá unha charla coloquio moderada pola propia Avendaño. O domingo 25 ás 19:30 horas a agrupación socialistas proxectará a reportaxe documental “As mulleres do mar” producida por RedondelaTV, unha cinta na que a mariscadora Magdalena Ramonet servirá de guía ao espectador para coñecer o duro traballo do mar. Os actos rematarán o venres 30 na casa da cultura cunha charla coloquio titulada “Para saír da crise é imprescindible contar coas mulleres” a cargo da deputada autonómica pro Pontevedra Carmen Cajide e a ex secretaria de estado de Igualdade e actula deputada no congreso por Ourense Laura Seara.