Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un parque público e unha plantación de maceiras para substituir ás obras do AVE en Negros

RR_Noticias

O BNG pide o apoio da corporación para lle demandar ao Ministerio de Fomento que asuma a expropiación de 150 parcelas ocupadas polas obras do AVE no Val de Maceiras. Ese terreo empregraríase para a creación dun parque público e unha plantación de maceiras con vistas a súa posible explotación comercial.

O BNG solicita ao resto dos grupos presentes na corporación o seu apoio para lle demandar ao Ministerio de Fomento a creación dunha zona verde nos terreos do AVE en Santo Estevo de Negros. Neste sentido presentarán unha moción ao pleno ordinario do mes de marzo, previsto para o vindeiro mércores día 28, na que solicitan que o Ministerio asuma as expropiacións e recupere os terreos para a creación dun parque público.
O obxectivo último é que se leve a cabo un anteproxecto que están en mans do concello dende xuño de 2010 e que fora realizado por encargo da concellaría de Medio Ambiente. Nese proxecto contémplase que, unha unha vez rematadas as obras do túnel As Maceiras-Vigo, o Ministerio asuma económicamente ás expropiacións de máis de 150 parcelas, terreos ocupados en Negros cuxa “recuperación e devolución aos seus propietarios, tal como estaban ao principio, é técnica e económicamente inviable” ao entender do BNG.
No anteproxecto preséntase unha recuperación ambiental desta área do Val do Maceiras para uso público creando sendas peonís. No mesmo recóllese a ubicación dunha plantación de maceiras con vistas a unha posíbel explotación comercial da mesma.
Dende o BNG cualifican esta medida como “unha actuación de xustiza, posto que Redondela é un dos concellos máis negativamente afectados polas obras do AVE, non só porque tronza en dous diversas parroquias, senón tamén polas numerosas e importantes afeccións que supón”. Co desenvolvemento deste Proxecto a inversión do Ministerio suporía dotar ao Concello, e en concreto, á parroquia de Negros dun espazo de grandes interese medioambiental e económico. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará