Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela imponse na máxima categoría da XVI Bandeira Concello de Redondela de Bateis

RR_Noticias

 Nunha espléndida tarde para o remo, os anfitrións fixéronse coa Bandeira na categoría Absoluta Masculina. Un triunfo moi traballado e disputado, xa que remataron a regata tan só unhas décimas por riba de Tirán, que acabou na segunda praza. Os de Chapela conseguiron tamén a terceira praza nas categorías Xuvenil e Cadete Masculina, e a segunda na Promesa Feminina.
 

Nas augas de Chapela celebrouse na tarde do sábado a XVI Bandeira de Bateis Concello de Redondela. A regata realizouse por quendas clásicas con seis boias, menos nas categorías Xuvenil e Absoluto masculino que foron lanzadas cada minuto. Máis de 80 embarcacións participaron na cita, na que se impuxo o C.R. Chapela na máxima categoría. Fixérono cunha moi escasa marxe, só unhas décimas por diante de Tirán, un dos clubs máis fortes esta temporada, que foi segundo por diante de Vilaxoán, que rematou na terceira posición. Os redondeláns conseguiron tamén boas posicións no resto de categorías masculinas, coa terceira praza en Xuvenil e Cadete. Nas categorías femininas foron segundas na Promesa, a tan só un segundo de Robaleira, que se fixo co triunfo . Na Absoluta e Xuvenil Feminina as embarcacións de Samertolameu foron as gañadoras da proba. O club que máis bandeiras galou foi Tirán, con tres, nas categorías Xuvenil, Cadete e Infantil Masculina. A próxima cita para os equipos pontevedreses será a próxima fin de semana. O sábado, día 31 de marzo dispútase en Moaña a IV Bandeira Deputación.
Resultados XVI Bandeira Concello de Redondela
Promesas Féminas: C.R. Robaleira 4:57:59; C.R. Chapela 4:58:62; S.D.Samertolameu 5:07:43. Xuvenís Féminas: S.D. Samertolameu 10:24:01; C.R. Vilaxoan 10:31:27; C.R. Robaleira 10:51:07. Absolutas Féminas: S.D. Samertolameu 9:56:86; S.D. Tiran 10:04:58; C.R. Robaleira 10:04:96. Infantil Masculino: S.D. Tiran 4:51:08; C.R. Mecos 4:57:85; C.R. Rbaleira 5:02:98. Cadete Masculino: S.D. Tiran 6:47:28; C.R. Rbaleira 7:06:19; C.R. Chapela 7:11:50. Xuvenil Masculino: S.D. Tan 9:21:78; S.D. Tirán B; C.R. Chapela 9:26:11. Absoluto masculino: C.R. Chapela 8:46:60; S.D. Tiran 8:46:62; C.R. Vilaxoan 8:48:32
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará