Os nenos do colexio de primaria de Redondela están a gozar durante toda esta semana dunhas clases practicas ben diferentes: unha serie de obradoiros organizados pola ANPA do colexio que lles permite achegarse dun xeito divertido e interactivo áos oficios tradicionais.
Durante dous días estes nenos e nenas están a coñecer de primeira man o oficio de apicultor. Grazas aos integrantes da Asociación Galega de Apicultura e a Asociación Abella lupa poden achegarse a unha colmea a coñecer como se fai o mel ademais de probar as diferentes produtos que se poden elaborar dependendo das flores das que se alimenten estas abellas. Aprenden ademais a facer unha candea a partir da cera recollida tamén nunha colmea. E como colofón a esta semana de actividades o venres contará cun mariñeiro da Confraría de Pesca de Cesantes para achegarse a un oficio tan noso pero as veces tan descoñecido como é a pesca e o marisqueo. Dende a dirección do centro, Marina Pérez, salienta a relevancia deste tipo de programación paralela ás asignaturas teórica como xeito de completar a formación do alumnado.