Hoxe é Sábado 2 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vilano Producións pesenta no Multiusos unha Chamada desde o máis alá

RR_Noticias

Unha comedia con toques fúnebres onde se fala das novas tecnoloxías e das situacións absurdas ás que pode dar lugar a nosa dependencia dos móbiles. A obra, que se poderá ver este sábado día 31 no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas, serve para pechar o Teatrarte 2012.

A autora do texto e tamén actriz, Fusa Guillén lembra como anécdota que a historia parte dun feito real. A partir dunha información que escoita nun medio de comunicación decide escribir esta peza na que se nos fala de Manuela, unha muller obsesionada co móbil que, cando o seu home falece, decide enterralo co teléfono aceso para poder así comunicarse con el. Todo se complica cando Manuela decide chamar ao teléfono do finado e alguén descolga… Unha comedia ácida que serve tamén para criticar o alineamento que sufrimos na sociedade actual debido ás novas tecnoloxías, chegando a situacións tan absurdas coma cómicas que serven de espello propio. Baixo a dirección de Lúa Testa veremos no escenario á propia Fusa Guillén acompañada de Maite Da Costa, Helga Méndez e Carlos Basoa, que apostan ademais por un traballo diferente no escenográfico.  

Fusa Guillén autora e actriz
Un texto que nace a partir dun feito real
Unha comedia con intriga
O espectador métese na historia intrigado por saber que pasa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará