O edil Miguel Angel Álvarez asegura que dende a actuación levada acabo polo seu departamento neste areal de Chapela a semana pasada, incrementouse notablemente o número de bañistas e usuarios da zona. O custe da limpeza e o desprazamento das palmeiras do paseo ascendeu a 4.000 euros, segundo explicou o concelleiro en resposta a unha pregunta do BNG
Os nacionalistas pediron tamén explicacións no último pleno municipal sobre o motivo de ter realizado esta actuación que implicou o “uso de maquinaria pesada no aeral” así como o motivo polo que se trasladaron as palmeiras que estaban no paseo á propia praia. Miguel Angel Álvarez explicou que as árbores foron replantadas na propia area co obxectivo de mellorar o tránsito de peóns polo paseo e que a limpeza realizada con tractores e pas serviu para retirar da area pedras, vidros e cascallos “tal e como veñen demandando dende hai anos os propios usuarios de Arealonga”. O custe da obras, que contou cos permisos perceptivos segundo asegurou o edil de Medio Ambiente, ascendeu a 4.000 euros.