Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os servizos municipais informarán e facilitarán as reclamacións aos afectados polas preferentes

RR_Noticias

Así se acordou por unanimidade no pleno ordinario de marzo no que todos os grupos presentes na corporación amosaron o seu apoio a iniciar diferentes trámites encamiñados a que todos os aforradores afectados pola venda destes productos financeiros poidan recuperar os seus cartos.

A iniciativa partiu dunha moción do BNG, quen reclamaban o apoio da corporación para lle solicitar á Xunta e ao Goberno do Estado que adopten medidas efectivas de protección dos clientes de entidades financeiras que investiron os seus aforros en instrumentos financeiros opacos como son as preferentes. Lembraban na súa a voceira do Bloque, Cecilia Pérez Orge, que estes clientes, moitos deles veciños de Redondela, non recibiron por parte das entidades bancarias a información axeitada na que se lles advertise dos riscos de adquirir dito produto. Pedían tamén esixir que a Xunta de Galicia que exerza as potestades que ostenta sobre Novagalicia Banco para que os centos de adquirentes de participacións preferentes das extintas Caixas de Aforro -tanto Caixa Nova como Caixa Galicia- poidan recuperar inmediatamente o investimento realizado. Todos os grupos amosaron a súa disposición a aprobar medidas de proteccións para estes aforradores e aprobouse finamente un texto emendado polo PP no que se inclúen, entre outras cuestións, que sexan os propios servizos municipais os que informen aos afectados e lle faciliten a xestión das súas reclamacións.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Os nacionalisas soliitaban o apoio dos grupos políticos na defensa dos afectados polas preferentes
Alberto Pazos PP
O voceiro do PP engadía a necesidade de que os afectados teñen asesoramento nos servizos municipais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará