Logo da vitora desta fin de semana tan só teñen que vencer o encontro que lles falta ante o Lalín. Un partido que se disputará na parroquia de Chapela despois do parón da Semana Santa. De acadar unha vitoria asegurarían a súa participación na fase de ascenso.
O Paraxe Chapela está practicamente xa na fase de ascenso logo de lograr unha axustada vitoria no partido disputado o pasado sábado. Os de Fran Teixeira lograron vencer na súa visita ao campo do Cisne nun encontro de moitísima intensidade como o amosa o resultado final de 28 goles para o Cisne, 29 para o Chapela. Un gol do pivote Iago Cuadrado e unha parada antolóxica do porteiro Celti na última posesión de balón marcaron a vitoria para os de Chapela.
Logo do parón de Semana Santa, o Paraxe xogará a praza de ascenso no pavillón de Chapela onde recibirán a visita do balonmán Lalín.
Dende hai semanas xa matematicamente descendidos os xogadores da SAR continúan loitando en cada un dos seus encontros. Esta fin de semana visitaban o campo dun rival difícil o Zamora, e caían por 38-24, con todo o Plastic Omnium platoulle cara, sobre todo na primeira parte do partido.
A próxima cita será na bomboneira cando reciban ao Seis do Nadal.