De terras ourensás os de Jacobo Montes trouxeron tres importantes puntos. O 1-2 asenta ós redondeláns no segundo posto da táboa, praza que permite optar ó ascenso a Terceira. Foi un dos poucos resultados positivos da xornada, na que perderon os equipos locais de Primeira e Segunda Autonómica. En remo o C.R. Chapela obtivo a segunda praza no Trofeo Concello de Moaña de Bateis.
Preferente Autonómica
Verín 1-2 Choco
Os de Jacobo Montes manteñen a segunda praza logo da vitoria en terras ourensás. A experiencia do equipo redondelán foi crave neste encontro, xa que o Verín púxolle as cousas difíciles. O Choco púxose por diante no minuto 18 cun gol de penalti que transformou Negro. Tan só 8 minutos máis tarde os locais conseguiron igualar o marcador nun excelente saque de falta de Luisito. Co empate chegaron ó descanso, e xa na segunda metade os dous equipos buscaban os tres puntos. O Verín tentouno, pero os dianteiros ourensáns topaban sempre co acerto de Isma. Co paso dos minutos o Choco fíxose co dominio do xogo, e os locais acusaron o esforzo. No minuto 81 chegou o gol de Yeray, que aproveitou un disparo de Ropero para anotar o tanto da vitoria. Deste xeito os redondeláns manteñen a praza de ascenso.
A próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Mondariz, 9º clasificado.
Primeira Autonómica
Chapela 2-3 Marcón
Derrota do Chapela nun partido de máxima rivalidade, no que os dous equipos loitaban por garantir a permanencia. O resultado deixa ó Chapela de novo na parte baixa da táboa. A próxima xornada volve xogar na casa, recibe ó Arbo.
Segunda Autonómica
San Martín 2-1 Arcade
O Arcade perde opcións para manter a categoría logo de perder no campo do Marín. Con todo, o resultado demostra a calidade do equipo de Soutomaior, que foi quen de plantar cara a un dos equipos máis fortes da liga. A próxima fin de semana o Arcade recibe ó Catoira, da metade da táboa.
Terceira Autonómica
Nigrán 1-2 Choco
Os de Redondela manteñen a 4ª praza logo do resultado positivo no campo do Nigrán, partido no que foi expulsado un xogador por cada equipo. A próxima xornada xogan no campo do Coia, o 2º do grupo.
Chapela-Coia -aprazado
Aprazado o encontro entre o Chapela e o Coia. A próxima xornada temos derbi, xa que o Chapela xogará no campo do Teis.
At. Vilar 2-2 Gondomar
Reparto de puntos para o Vilar, que conseguiu facer un xogo de igual a igual diante dun dos equipos máis fortes do grupo. A próxima xornada xogan no campo do Caldelas, o 4º clasificado.
Pontecaldelas 3-0 Cesantes
Os redondeláns non puideron co Pontecaldelas, un dos equipos máis fortes do grupo. A próxima xornada tampouco o terán doado, xa que reciben ó líder, o Soutomaior.
Soutomaior 6-0 Salcedo
Os de Soutomaior non tiveron piedade dun dos equipos máis febles do grupo, e golearon ó Salcedo. O equipo visitante só aguantou a primeira metade, ata que o Soutomaior anotou o segundo gol. Logo os locais dominaron o partido, e mesmo puideron marcar máis goles. A próxima xornada interesante derbi Cesantes-Soutomaior.
Nespereira 6-0 Barciademera
Os de Pazos manteñen a sexta praza logo de golear ó Barciademera, da metade baixa da táboa. A próxima xornada xogan no campo do pechacancelas, o Oliveira.
Fútbol Sala – Autonómica Sur
Cesures 3-5 Redondela F.S.
Os redondeláns mantéñense na metade da táboa logo de gañar ó pechacancelas do grupo. A próxima xornada, logo da Semana Santa (14.02) reciben en Redondela ó Opel Fimauto, un posto por baixo dos de Nolichi
REMO- Trofeo Concello de Moaña de Bateis
O Club de Remo de Chapela acadou a segunda praza na categoría absoluta no Trofeo Concello de Moaña, disputado esta pasada fin de semana. A proba gañouna Tirán, e na terceira praza quedou Vilaxoán. No resto de categorías masculinas os gañadores foron Amegrove, nos Xuvenís e Tirán tanto en Cadetes como Infantís. Nas categorías femininas impuxéronse as deportistas de Samertolameu nas probas Absoluta e Xuvenil, mentres que en Promesas feminina gañou Amegrove.