Todos os grupos políticos amosaron a súa conformidade a esta petición feita dende Agrupación de Electores, aínda que rexeitaron eliminar as placas que xa fan este recoñecemento e que se poden ver en edificios como os centros educativos, os centros de saúde, a piscina ou os multiusos alegando que foron decisión de corporacións democráticas e amosan un xeito de facer política dun determinado período
A moción presentada por AER era máis ambiciosa que o acordo finalmente aprobado. Os membros da Agrupación de Electores solicitaban que no futuro non se coloran novas placas nas que figurara o nome “do mandatario do momento” e que ademais se retiraran todas aquelas placas que a día de hoxe se atopan nos edificios públicos alegando que a “colocación dunha placa unipersoal só tería sentido cando un particular dona os cartos para unha determinada obra e non cando esta se fai cos cartos de todos os veciños”. Unha proposta que non convenceu a ningún dos outros grupos da corporación. Todos eles, PP, PSOE e BNG, amosaron as súas reticencias a retirar as placas xa existentes alegando que a súa colocación “foi acordada por anteriores corporación democráticas” segundo palabras do socialistas Eduardo Reguera ou que forman parte tamén da nosa memoria histórica tal e como apuntou a nacionalista Cecilia Pérez Orge. Dende o PP amosaron tamén a súa disconformidade a retirar as placas xa colocadas lembrando que esta actuación requiriría un esforzo extra por parte dos traballadores municipais. Finalmente aprobouse a moción emendada polo BNG e na que se establece que a partir de agora as placas que se coloquen en edificios públicos recollerán unicamente o nome da administración ou administración que financien a obra e a data da súa realización eliminando a referencia a mandatarios concretos.Unha medida que polo anto non terá carácter retrotivo, tal e como pedía dende AER.