A actividade, que vai dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, terá lugar nas fins de semana deste mes. Os interesados poderán facer a reserva a través da chamada telefónica no 981 541 688 o no 981 544 854, en horario de 9,00 a 14,00 horas de luns a venres. O programa cubrirá ao aloxamento en pensión completa, o transporte no ámbito da actividade, e a propia acción formativa
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta un total de 60 prazas para participar en cursos de iniciación ao mergullo con bombona na Illa de San Simón (Pontevedra) durante tres fins de semana de abril.
A actividade, que vai dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, xa abriu o seu prazo de inscrición, que se prolongará ata que se cubran as prazas. En concreto, as prazas distribuiranse en tres grupos, de 20 prazas cada un. A actividade desenvolverase nas fins de semana do 13 ao 15; do 20 ao 22; e do 27 ao 29 de abril.
Os interesados poderán facer a reserva a través da chamada telefónica no 981 541 688 o no 981 544 854, en horario de 9,00 a 14,00 horas de luns a venres e dispoñen de toda a información precisa na páxina web www.xuventude.net.
O programa cubrirá ao aloxamento en pensión completa, o transporte no ámbito da actividade, e a propia acción formativa con monitores-guía e o material para o seu desenvolvemento.
Os cursos prolongaranse durante dous días -con entrada o venres pola tarde e saída o domingo-, coincidentes sempre en fin de semana. A través da súa participación, os asistentes adquirirán coñecementos básicos de mergullo, ao tempo que se fomentará entre eles o coidado polo medio ambiente e o contacto coa paisaxe e natureza da Illa de San Simón.