Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Mesa denuncia as probas de selección das bolsas de turismo

RR_Noticias

A afectada, que puxo o seu caso en coñecemento da Mesa a través da Liña do Galego, xa presentou un escrito de reclamación no rexistro municipal de Redondela. A Mesa considera o caso un “moi grave exemplo de vulneración” de dereitos lingüísticos no acceso a un posto de traballo e exixe ao consistorio que “rectifique” e á Xunta que “tome cartas no asunto”.  

A Mesa denuncia o que cualifican de “gravísimo caso” de vulneración de dereitos lingüísticos acontecido durante o proceso de selección para a provisión de varias bolsas de traballo na área de Turismo do Concello “no cal se chegou ao extremo de o tribunal advertir a unha das candidatas, Natalia Soliño Figueroa, que non sería avaliada se facía a proba en galego”. Deste tribunal facía parte un técnico do Padroado de Turismo das Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra, que foi quen segundo a denunciante fixo a “advertencia”. A afectada xa presentou un escrito de reclamación no propio Rexistro do concello  contra o que considera unha evidente “discriminación”. A aspirante ás bolsas indica que “en ningún punto” das bases da convocatoria se especificaba que fose “obrigatorio usar o castelán” ou que estivese prohibido “expresarse na lingua propia de Galiza” para optar a un traballo “nun concello que, obviamente, está en Galiza”. A Mesa demándalle ao goberno local “contundente investigación” dos feitos denunciados e porá de inmediato o caso en coñecemento do Valedor do Pobo e da Dirección xeral da Administración Local e da Secretaría xeral de Política Lingüística para que “actúen” e fagan ao consistorio redondelán “cumprir a lei”. Dende o propio concello, o edil responsable de turismo Alberto Pazos, aseguraba non nosos micrófonos que no caso de constatarse a existencia de ditas irregularidades se procedería a anular as probas e a convocar novamente o proceso de selección “porque se trataría dunha cuestión intolerable”.  

Alberto Pazos responsable de Turismo
O edil asegura que de demostrarse as acusacións se repetirá o proceso de selección

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará