Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberta unha investigación para coñecer se houbo irregularidades nas probas de turismo

RR_Noticias

O Concello de Redondela ten en marcha unha investigación para coñecer se houbo irregularidades nas probas de selección das bolseiras de turismo logo da denuncia pública feita por unha das aspirantes. A Mesa pola Normalización convoca unha concentración o martes 17 ás 11:45, hora na que está previsto que esta persoa acuda ao Concello a ratificar a denuncia.

Nos últimos días foron chamados varios dos aspirantes que realizaron as probas nas que supostamente se terían producido as irregularidades denunciadas por Natalia Soliño Figueroa. Irregularidades que consistirían en que no transcurso de ditas probas de selección un membro do tribunal lle tería advertido a unha das candidatas, segundo a súa propia declaración, que non sería avaliada se facía a proba en galego.  Esta persoa puxo xa o acontecido en coñecemento do goberno local a través dun escrito de reclamación presentado no propio Rexistro do Concello por considerar este feito unha evidente “discriminación”.Ante a queixa presentada pola propia afectada e logo das denuncias feitas tanto dende o BNG de Redondela como da Mesa pola Normalización, o concello está a chamar ás persoas que realizaron a proba. Mañá está previsto que a denunciante, Natalia Soliño, ratifique a súa denuncia motivo polo que a Mesa convoca unha concentración de apoio a esta persoa baixo o lema “pola lingua que nos une! Paremos os ataque contra o galego!” que terá lugar ás 11:45 horas diante da Casa Consistorial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará