Hoxe é Sábado 2 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Posposto o acareo por supostas coaccións lingüísticas ao non se presentar unha das partes

RR_Noticias

A denunciante, Natalia Soliño Figueroa, acudía na mañá de hoxe ao Concello a ratificar a súa denuncia e participar nun acareo co membro do tribunal que supostamente lle tería dito que “se facía o exame en galego non llo ían corrixir”. Medio cento de persoas convocadas pola Mesa amosaron o seu apoio a denunciante aínda que finalmente o acareo non tivo lugar ao non se presentar a outra parte convocada polo servizos municipais que están a desenvolver a investigación sobre as supostas irregularidades nas probas de selección dos bolseiros de Turismo.

A denunciante amosábase indignada á saída do concello logo de ter que pospoñer a súa declaración. Natalia Soliño Figueroa acudía logo de ser convocada polos servizos municipais que están a desenvolver a investigación encamiñada a aclarar as supostas irregularidades acontecidas nos proceso de selección dos bolseiros de Turismo. Os feitos denunciados por Natalia Soliño falan de supostas coaccións lingüísticas xa que segundo a denunciante un dos membros do tribunal lle tería dito xusto no inicio das probas “si haces el examen en gallego no sé como te lo vamos a puntuar” Un feito que foi criticado pola Mesa quen xa o puxo en coñecemento do Valedor do Pobo e da Secretaría Xeral de política Lingüística. Pola súa banda, a directamente afectada presentou tamén unha queixa no rexistro do Concello e hoxe supostamente tiña que terse celebrado un acareo coa persoa do tribunal que lle tería feito dita advertencia. Algo que non aconteceu ante a ausencia desta última. Ademais do apoio recibido pola medio cento de persoas que se concentraron ás portas do Concello, a denunciante asegura contar con testemuñas que escoitaron a advertencia feita polo tribunal e que así llelo trasladaron aos servizos municipais. Natalia Soliño confía en que esta investigación conclúa coa anulación das probas e cunha nova convocatoria.  

Natalia Soliño FIgueroa denunciante
Explica os feitos denunciados
Testemuñas
Asegura que hai xente que escoitou a "coacción"
Repetición do exame
Pide respecto unha disculpa e que se repita a proba

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará