Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o estado de deterioro da autoestrada

RR_Noticias

A asociación de afectados da AP-9 de Chapela denuncia as escasas labores de mantemento que a empresa concesionaria da autoestrada Audasa fai na vía. Aseguran os veciños que os únicos traballo realizados céntranse na calzada esquecendo o aramado que limita o vial ou os descascados e fendas que presenta un dos piares da ponte de Rande.

O colectivo alertara hai xa meses do estado de deterioro presentado polos piares da Ponte de Rande con descascados, desprendementos e fendas que ao seu entender respondían a falta de traballo de mantemento por parte da empresa concesionaria da AP-9, Audasa. Con todo, meses despois reiteran a denuncia porque segundo aseguran “non se fixo nada” para reparar os desperfectos denunciados malia que “a empresa obtivo no paso 2011 uns beneficios de mías de 52 millóns de euros”.
Aseguran os afectados pola autoestrada que os únicos traballos realizados céntranse no firme da calzada mentres “hai parte do aramado que ten 30 anos”, non se limpan as zonas de servidume “que está chea de ferralla e silveiras” e, o que entenden máis grave, non se reparan os alicerces da ponte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará