Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Celébrase no Concello o acareo por supostas coaccións lingüísticas coa ausencia da denunciada

RR_Noticias

Na mañá de hoxe tivo lugar o acareo entre a denunciante, Natalia Soliño e os membros do tribunal que supostamente terían coaccionado a esta candidata para que non fixera en galego o exame de selección das bolseiras de turismo. A primeira comparecencia convocada para o pasado martes non se puido celebrar por ausencia da totalidade do tribunal examinador, hoxe tan só se botaba en falta a unha das persoas que formaba parte dese tribunal, a que Soliño subliña como responsable directa da coacción.

Unha “ausencia esclarecedora” segundo palabras de Elsa Quintas, avogada de Natalia Soliño na investigación que os servizos municipais están a levar a cabo de cara a esclarecer as supostas irregularidades cometidas polo tribunal examinador nas probas de selección das bolseiras de turismo. Finalmente o acareo, que o pasado martes fora posposto por ausencia da totalidade do tribunal, celebrouse ás nova da mañá de hoxe. Iso si, non concorría a persoa que directamente tería coaccionado a denunciante durante a celebración das probas “por mor dunha visita imprevista a Alemania”. Elsa Quintas entenden que se está a producir por parte da persoa implicada un “silencio moi elocuente” xa que en ningunha das dúas ocasións en que foi convocada acudiu a dar a súa versión mentres Natalia “é a única que está a dar a cara”. Con todo, temen que esta ausencia reiterada non sexa tida en conta na investigación que se está a desenvolver por parte do Concello de cara a dilucidar os feitos. Unha investigación que ao entender da avogada da denunciante “non está a ser neutral e está claramente posicionada na nosa contra” motivo polo que temen que a resolución da Alcaldía sexa en contra dos intereses de Natalia Soliño.  

Elsa Quintas avogada de Natalia Figueroa
Critica a ausencia dun dos membros do tribunal
Críticas á neutralidade da investigación
Entende a avogada que a persoa responsable da investigación está claramente posicionada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará