A deputada nacionalista Carme Adán lembra que a obra se iniciou en maio do 2010 cun prazo de execución de 16 meses, aínda que dous anos despois o centro segue pechado. Por este motivo solicitan a Consellería de traballo que concrete os prazos para o remate das obras así como o tipo de xestión que rexerá a súa explotación.
O BNG de Redondela a través da deputada Carme Adán, levará ao Parlamento Galego unha pregunta sobre o estado das obras do Centro de Día de Cesantes cuxa obra foi licitada cun orzamento superior a 1.600.000 euros e que Segundo os prazos de execución debería ter rematado en setembro do pasado ano. Ante o atraso acumulado de seis meses os nacionalistas solicitan a Consellería que especifique os prazos para o remate das obras, os orzamentos adicados á dotación e o tipo de xestión que rexirá a súa explotación.O BNG salienta a importancia da posta en marcha deste Centro de día que “viría mitigar a evidente carencia de equipamentos de tipo social que sofre Redondela,” motivo polo que entenden que a Consellería debería apurar os prazos para que os maiores poidan facer uso deste centro de Cesantes canto antes.Por outra banda ciritcan que dende o Concello de Redondela se teña abandonado o proxecto de reconverter o colexio de San Vicente de Trasmañó noutro Centro de día, un proxecto que foi abalado en pleno polos representantes municipais pero que agora non conta con ninguna partida económica nos orzamentos que veñen de ser aprobados polo PP “o que nos fai supoñer que para o goberno local este equipamento non é prioritario”.