Durante toda esta semana o IES de Chapela organiza un intercambio educativo con centros de diferentes puntos de España coa celebración de actividades lúdicas e culturais. O proxecto, que leva por título “Collages de vida” achegará aos participantes a vida gastronómica e cultural do noso concello.
Os actos previstos arrancarán mañá martes coa recepción do alumnado e profesorado participante e un pasarrúas a cargo da Orquestra Cé Pantasma. Logo dunha actividade gastronómica no Restaurante El Canario baixo o nome “Culler e garfo” haberá teatro no Auditorio do Piñeiral a cargo do grupo Juan XXIII e a continuación un concerto a cargo da banda musical “A banda do patio” formada por alumnado do instituto anfitrión.
O mércores as actividades continuarán con diferentes obradoiros do mesmo xeito que o xoves, onde os talleres se centrarán na danza creativa, o teatro, a arte plástica e a arte visual.
Na tarde do xoves os participantes poderán coñecer Redondela dun xeito diferentes, o que lles acheguen os artistas da vila e coñecerán algo tan típico como ir de petiscos a un furancho.
O venres e omo broche de ouro ás xornadas, os participantes coñecerán un dos recunchos máis salientables da nosa xeografía, a Illa de San Simón.