Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios redondeláns colaboran con Down Vigo na integración laboral dos seus usuarios

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios de Redondela ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Down Vigo co fin de promover accións de integración na vida familiar, social e laboral dos usuarios deste colectivo. O obxectivo é que a través de distintos Programas de Emprego se favoreza a integración de persoas con discapacidade no mercado laboral.
 

José Antonio Gómez, Presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Fernando Molina, presidente de Down Vigo e Mª Teresa Paris, concelleira de Servizos Sociais, estiveron presentes na sinatura do convenio de colaboración entre estas dúas entidades. O obxectivo é favorecer, a través de distintos Programas de Emprego, a integración na vida laboral dos membros da Asociación Down Vigo. Desde a asociación empresarial redondelá explican que “na medida do posible” colaborarán na potenciación de actividades que beneficien á integración laboral de persoas con discapacidades. No convenio establécese a posta en marcha de accións de motivación laboral e formación ocupacional para acadar a incorporación deste sector da poboación no mercado de traballo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará