Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

15 Maios para recibir a primavera

RR_Noticias

A participación diminúe respecto do pasado ano, cando foron 22 os Maios presentados. Con todo, Maios artísticos e tradicionais volverá lucir na Alameda de Redondela para recibir unha primavera que está a ser pasada por auga. Entre os participantes nenos moi novos como os rapaces de Saxamonde, que este ano concursan na categoría de maio tradicional co acostumado cono de fiúncho.

Un cono que deberá competir na súa categoría con tan só outros tres concursantes. O cono tradicional de fiúncho decorado de flores e outros elementos decorativos coa coroa como elemento principal parece perder adeptos, xa que o resto dos participantes optaron por presentarse na categoría de maio artístico, onde serán 11 os que compitan. O xurado outorgará tamén premios ás melloras coplas, valorando neste caso a retranca, o enxeño, o ritmo e a linguaxe utilizada na elaboración das rimas así como a mellor interpretación. Terase en conta sobre todo a vestimenta dos participantes e a posta en escena, afinación das voces e utilización dos elementos de acompañamento como paus ou caxatos. No escenario veremos entre outros aos rapaces de Saxamonde, que logo da elaboración das coplas traballas nos últimos retoques para ter a punto o cono que presentarán mañá a concurso. Hoxe farán os ensaios finais e rematarán a súa proposta vexetal coa colocación da coroa. A choiva prevista para mañá non os desanima, aínda que se amosan pouco confiados en que este ano poidan acadar algún premio, como si fixeron en edicións anteriores. E a pesar da súa corta idade falan xa da crise, porque temen que este ano non poidan vender tantas coplas como no pasado.  

Os rapaces apuran os últimos traballos
Os nenos de Saxamonde contan o feito e o que queda por facer
Menor venda de coplas
Os nenos apuntan que a situación económica pode facer que se vendan menos coplas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará