O investimento para a execución desta actuación a 4.200 euros. A acción consistiu en limpar 208 metros da canle do río ao seu paso pola zona de Rande, onde se realizou o desbroce no puntos onde a maleza dificultaba a circulación da auga. Procedeuse tmaén a recoller o lixo existente en todo o tramo.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de recuperar o tramo de leito do río Maior no Concello de Redondela. Unha acción incluída na programación e proxectos en materia de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección, que esta a levar a cabo o Executivo autonómico.
As obras no río Maior no concello de Redondela executáronse para limpar este recurso natural ao seu paso pola zona de Rande, onde se realizou o desbroce naqueles puntos onde a maleza invadía o cauce e dificultaba a circulación da auga. Así mesmo, podáronse algunhas arbores que presentaban as súas polas no leito do río e recolleuse o lixo existente en todo o tramo.
Por último, retiráronse varias árbores que xa se atopaban taladas ao inicio dos traballos. Para estas actuación fíxose preciso un investimento de algo máis de 4.200 euros.