Hoxe xoves ás 20:30 hora convocan a diferentes organización políticas, sindicais e sociais dos tres concellos con obxectivo de constituír unha Plataforma propia en Defensa da Sanidade Pública, integrada en SOS Sanidade Pública. A cita terá lugar no Multiusos da Xunqueira e na reunión abordaranse as dificultades polas que está a pasar a sanidade coa privatización do Servicio nacional de saúde así como a problemática do novo hospital de Vigo.
SOS Sanidade Pública é unha Plataforma plural e aberta, non partidista, que ten o seu ámbito de actuación en todo o territorio de Galicia en defensa do Sistema Sanitario Público e na que se integran, agrupan e coordinan todas as Plataformas pola Defensa da Sanidade Pública existentes a nivel local e diferentes puntos de toda a comunidade.
Co obxectivo de crear tamén unha plataforma a nivel local na que se integren os concellos de Redondela, Pazos e Fornelos celébrase hoxe xoves ás 20:30 horas no Multiusos unha asemblea na que se abordarán as problemáticas concretas que afectan a sanidade galega e que segundo denuncian dende SOS Sanidade Pública pasan por unha serie de medida promovidades dende a Xunta que inclúe a privatización do financiamento, construción e xestión de hospitais e Centros de Atención Primaria, a redución das xornadas extaordinarias, a redución de contratacións para interinidades e substitucións, a non convocatoria de novas prazas, o peche de camas e quirófanos e o copago farmaceútico e de prestacións ortoprotésicas, dietéticas e de transporte sanitario non urxente, entre outras.
Por este motivo dende SOS Sanidade Pública véñense realizando mobilizacións, denuncias e informes en contra de todas e cada unha destas medidas, ademais das accións que a nivel local e por reivindicacións específicas do seu ámbito territorial realizou cada unha das Plataformas en particular.