Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un acordo permitirá ao acusado do atropelo mortal dun menor en Redondela eludir o cárcere

RR_Noticias

O mozo José Antonio D. D. acusado do atropelo que lle custou a vida a un menor nun accidente que se producía a finais do 2010 ás portas da discoteca la Fábrica na Avenida Mendiño, ven de ser condenado a dous anos de prisión e retirada do carné de conducir durante 10 anos.

O mozo poderá substituír a pena de presión pro dous anos de traballos á comunidade, segundo informa Europapress. A vista prevista para hoxe non chegou a se celebrar logo de que as partes chegaran a un acordo segundo o cal se considera ao imputado autor dos delitos de homicidio por imprudencia, conducción temeraria e por dar positivo na proba de alcoholemia. Por estes tres delitos se lle impoñen penas de dous anos de prisión, que poderá evitar ao substituírse por dous anos de traballo para a comunidade, 10 anos de retirada do permiso de conducir e unha multa de dous euros diarios durante 12 meses  Ademais a indemnización aos pais da vítima ascende a algo máis de 100.000 euros que será abonada integramente pola compañía aseguradora.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará