Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous mozos en Redondela, un deles menor, por roubo con violencia e intimidación

RR_Noticias

Os mozos, de 14 e 21 anos de idade, foron detidos na madrugada do domingo na Praza de Ribadavia logo de tentar roubar a outros dous mozos ameazándoos con paos e chegando a agredir a unha das vítimas. Os axentes localizáronos pouco despois nunha rúa das proximidades procedendo a súa detención.

Axentes da Policía Nacional detiveron na madrugada do domingo a dous mozos, un varón de vinteún anos de idade e de nacionalidade marroquí e un menor de catorce e de nacionalidades española, ambos os dous veciños de Redondela como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación.
O feitos tiveron lugar na praza de Ribadavia dous mozos que transitaban polo lugar foron abordados por outros dous que lles esixiron cartos ameazándoos cuns paos e chegando a agredir a un dos mozos cando estes se negaron a entregarlles o diñeiro. Os mozos lograron fuxir chamando ao 091 que enviou unha patrulla ao lugar detendo minutos despois aos agresores na rúa Cruceiro, procedendo a súa detención e traslado á Comisaría.
O maior de idade foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción Número dous de Redondela, mentres que da detención do menor deuse conta á Fiscalía de Menores de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará