Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Festival de Títeres coa programación escolar

RR_Noticias

Os cativos dos centros escolares serán os primeiros en gozar das actividades enmarcadas na XIII edición do Festival Internacional de títeres “Memorial Juanjo Amoedo” de Redondela que hoxe mesmo levanta o pano. Dende o xoves e ata o domingo o certame ofrecerá unha programación aberta a todo o público con pases de sala e actuacións gratuítas en prazas e rúas.

O festival arranca hoxe coa compañía Viravolta e a obra “O galo Quirico e os seus amigos”, unha propostas para o público infantil da que poderán gozar tan só os escolares que se acheguen ao Multiusos de Chapela as 10:30 e as 12:30 da mañá. Unha programación escolar que mañá estará xa no Multiusos de Redondela coa compañía Baobad e xa o mércores con Tanxarina.
O grupo de titiriteiros de Redondela ofrecerán aos escolares o seu Titiricircus pero  tamén será protagonista da especial xornada do xoves. Nesa xornada na que se conmemora o Día das letras galegas, o Festival quere homenaxear tamén ás nosas letras e ao teatro feito en galego e por galegos, polo que todas as obras do xoves, entre elas os Trogloditas de Tanxarina, serán no noso idioma.
En toda a semana pasarán polo noso concello un total de 15 compañías procedentes de lugares tan dispares como Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid, Cataluña e Galicia. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas, que nesta edición esperan congregar a máis de 35.000 espectadores.
O director do festival, Luis Crespo destacaba algúns dos espectáculos a non perderse, entre eles o teatro íntimo que nos propoñen as compañías Onírica Mecánica de Murcia e Sofie Krong de Dinamarca, así como a obra dos búlgaros Teatro estatal de Marionetas de Varna.
Dende a organización agradecen especialmente a colaboración dos veciños e comerciantes da vila que colaboran tamén coas sáus achegas económica a dar continuidade ao festival así como o apoio incondicional da Concellería de Cultura. Lamentan pola contra a falta de apoio doutras institucións como a Deputación ou a Xunta de Galicia, que ben por recortes ben por cuestións burocráticas, este ano non aportan cantidade económica algunha a un Festival que é xa todo un referente en Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará