O falecido, natural de Málaga, traballaba nas obras do AVE e morreu no acto a consecuencia do brutal impacto da cabina do vehículo contra o inmoble que se atopa na N-552. O sinistro, que se producía ás 16:30 horas causou retencións importantes que se prolongaron durante cinco horas, ata que o camión foi retirado da calzada. O tráfico en dirección Vigo foi desviado pola N-555 por Peinador.
Tráxico accidente o que se producía a primeira horas da tarde de onte en Redondela e no que perdía a vida un veciño de Málaga de 37 anos que traballaba como camioneiro nas obras do AVE.o home que conducía un camión cargado de terra colidiu contra o edificio da discoteca La Movida na N-552. O vehículo procedía de Vigo e chocou contra o inmoble logo de perder o control nunha curva.
O condutor morreu no acto a causa do brutal impacto, quedando o seu corpo aprisionado no interior da cabina polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Vigo e de protección Civil de Redondela para proceder a súa excarceración, que se prolongou durante varias horas.
No suceso participaron tamén membros da policía Local, a Policía nacional e a garda Civil de tráfico, xa que foi necesario regular a circulación na estrada onde se produciron retencións durante toda a tarde ata que o vehículo foi retirado da calzada cinco horas despois de que se producira o accidente.