Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica ao goberno por non ter presentado o plan de tráfico

RR_Noticias

Aseguran que pese aos anuncios reiterados sobre a inminente posta en marcha do plan de tráfico, meses despois a única medida adoptada pola Concellería que preside Arturo González consistiu na “tala de árbores do aparcadoiro da Ribeira”. Lembra o Bloque a o Plan de tráfico foi anunciado xa en outubro.

O Grupo Municipal do BNG considera que o tan anunciado Plan de Tráfico do goberno local constitúe outro instrumento de propaganda porque, meses despois de que o edil responsable do departamento Arturo González, anunciara en pleno que “se estaban ultimando os seus detalles”, segue sen concretarse.Para o BNG o concelleiro carece de toda credibilidade “posto que non houbo ningún tipo de información aos diferentes grupos políticos e se descoñecen os criterios, obxectivos e prazos para a posta en marcha do que se pode cualificar como un instrumento de propaganda do goberno municipal”Critican que nas últimas semanas, como “medida para mellora do tráfico en Redondela”, o goberno municipal adoptou a tala de árbores no aparcadoiro da Ribeira pero que non se ten posto en marcha ningunha medida “para reducir o uso do vehículo particular, ou promover os desprazamentos camiñando ou en bicicleta, servizo este último tamén eliminado polo concelleiro de Medio Ambente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará