O Choco consguiu a vitoria diante do líder, pero non puido celebrar o ascenso en Santa Mariña xa que o triunfo do Céltiga diante do Ridabumia déixao todo no aire ata a última xornada. Os de Jacobo Montes, segundo, suman dous puntos máis que os da Illa, que son terceiros. Os dous equipos se enfrontan o domingo no Salvador Otero. Aos redondeláns válelles o empate para ascender a Terceira.
Preferente Autonómica
Choco 3-2 Barbadás
O Choco non fallou ante o Barbadás, o líder da Rexional Preferente, e impúxose en Santa Mariña por 3-2. Con este resultado segue segundo na clasificación e con dous puntos de vantaxe sobre o seu máis directo perseguidor, o Céltiga, que tamén se impuxo no campo do Ribadumia (1-4). E precisamente os da Illa serán os rivais do equipo de Jacobo Montes. O domingo afrontarán a última e definitiva xornada na súa loita polo ascenso, cunha complicada saída ó Salvador Otero. Iso si, os redondeláns parten coa vantaxe de que lle basta o empate para cumprir o seu obxectivo, mentres que ao Céltiga só lle serve o triunfo. En canto ao partido de onte ante o Barbadás, aínda que o líder xa non se xoga nada e a pesar de que o Choco chegou ó descanso gañando por tres a cero, complicáronselle as cousas no segundo tempo. Nos primeiros 45 minutos, o Choco estivo pleno de acertos na faceta rematadora, con catro ou cinco chegas, que converteu en tres goles de Michel, Yerai e Ropero. Nada máis iniciarse o segundo período, o equipo ourensán reduciu diferenzas e, aínda que quedou cun xogador menos no minuto 54, por dobre amarela, conseguiu levar a iniciativa e meterlle o susto no corpo aos locais cun segundo gol e outro disparo ao pau cando só faltaban cinco minutos. Logo de facer os deberes na casa, todo se decidirá o domingo no Campo Salvador Otero, na Illa de Arousa. A cita é as 18.00 horas co Céltiga-Choco. Un dos dous equipos ascenderá a Terceira División, agardamos que sexan os redondeláns.
Segunda Autonómica
Marín 3-2 Arcade
O Arcade, en postos de descenso, vén de perder o partido que xogou onte domingo en Marín. A próxima fin de semana xoga no campo do Moraña, penúltimo clasificado.