Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A tradición da Danza das espadas e as Penlas e das alfombras florais centran o programa da Coca

RR_Noticias

As viaxes gratuítas a Illa de San Simón son a novidade principal dunha programación festiva que centra os seus maiores atractivos nas tradicionais alfombras florais, que se elaborarán na noite do mércores, e a Danza das espadas e as Penlas que se poderá ver un ano máis no día do Corpus, o vindeiro xoves ás 13:00 horas na Praza da Constitución. A música na primeira das verbenas nocturnas correrá a cargo da mítica orquestra París de Noia.

Os membros da orquestra París de Noia serán os encargados de amenizar a primeira verbena nocturna das festas deste ano o vindeiro mércores ás 22:00 horas. Previamente nesa mesma xornada haberá música cos pasarrúas da Banda de Música de Redondela e concerto a cargo da Orquestra de Saxos. Este ano o pregoeiro será o director da Fundación Illa de San Simón, Javier Alonso González o mércores ás 21:00 horas. O concelleiro de cultura, Alberto Pazos, apuntaba que esta elección responde ao interese do seu departamento de que sexan persoas relacionadas directamente con Redondela as que asuman o papel de pregoeiros. Xa pola noite e de madrugada, sempre e cando o tempo o permita, as rúas do casco urbano e da zona vella serán ataviadas coas tradicionais alfombras florais, unha actividade na que se está a traballar dende hai semanas en diferentes puntos do concello. O xoves, día do Corpus, danse cita as actividades máis tradiconais así como as de carácter relixioso coa Misa maior na Igrexa de Santiago dende onde partirá a procesión que percorrerá as alfombras ata chegar a praza da Constitución, lugar no que un ano máis se poderá ver a Danza das espadas e as Penlas. Pola tarde haberá actividades orientadas aos máis cativos con presenza da Coca Simona, o circo de Los Kikolas e a Cé orquestra Pantasma.  

Alberto Pazos edil de cultura
Na véspera do Corpus hai actividades variadas
Pregoeiro
Este ano será o director da Fundación Illa de San Simón o encargado do pregón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará