Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alarma veciñal pola aparición de peixes mortos no Alvedosa

RR_Noticias

Os primeiros animais mortos apareceron ao redor das tres da tarde. Descoñécese a procedencia do posible vertido que causou a elevada mortandade, motivo polo que se procedeu a recoller auga, tanto do Alvedosa como do Maceiras, para a súa posterior análise. Ademais da Concellería de Medio Ambiente traballan no acontecido técnicos do Seprona.

Os primeiros avisos chegaron aos servizos municipais e á oficina da policía local ao redor das tres da tarde. Veciños alarmados pola aparición dos peixes flotando na canle do río ao seu paso polo centro urbano denunciaban o acontecido.Fontes municipais apuntan que se descoñece a procedencia do vertido que provocou a elevada mortandade dos animais, motivo polo que se procedeu, por encargo da Concellería de Medio Ambiente, a recoller mostras de auga tanto do río Maceiras como do Alvedosa, para a súa posterior análise.Dende o Concello avisouse ademais ao Seprona (o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil) para que actuase ante o acontecido, levantando acta da feito e iniciando a súa propia investigación para tentar dar co culpable.Os últimos vertidos producidos no río, que en varias ocasións tinguiron a auga do Alvedosa de cor branquecina, procedían según todas as investigación da obras do AVE que se estaban a desenvolver no Val do Maceiras, aínda que nese caso se desbotara a súa perigosidade ao non aparecer ningún animal morto .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará