A Plataforma Cidadá Contra a Autovía de inicia hoxe en Soutoxuste e Reboreda unha rolda de charlas informativas en colaboración con Comunidades de Augas, de Montes e Asociacións de Veciños co obxectivo de informar a cidadanía sobre o canón da auga e a Lei de Augas de Galicia. Unha actividade que se suma á campaña de recollida de sinaturas que están a desenvolver en diferentes puntos do concello.
A primeira as citas será esta tarde ás 18:30 horas no Chiringo de Soutoxuste e ás 20:30 horas na Sociedade labrego cultural de Reboreda. En ambas as dúas citas intervirá Manuel Docampo, membro do Sindicato labrego Galego.
Este calendario de charlas vense sumar á campaña de recollida de sinaturas que se está a desenvolver en diferentes puntos do municipio co gallo de amosar o rexeitamento
dos veciños a unha lei que cualifican de “manifestamente inxusta e antisocial” cuxa última intención é poñer “en mans de empresas privadas con ánimo de lucro un recurso fundamental como é a auga”.
Concretamente, a recollida de sinaturas estase a desenvolver en Centros Culturais, establecementos públicos e a través de diferentes comunidades de augas, unha sinaturas que serán presentadas nas diferentes institucións, entre elas o propio Concello de Redondela, solicitando que se opoñan a cobrar este canon. No mesmo sentido, estase a preparar unha moción que se presentará ao pleno do concello na que se reclamará dos grupos políticos o seu apoio para lle instar á Xunta a derrogación definitivas da lei “por ser unha agresión económica e social contra sectores da sociedade xa de por si deprimidos”.