Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica o que cualifican de “uso abusivo de vehículos municipais” por parte dos concelleiros

RR_Noticias

Aseguran dende o Bloque que dende hai meses os edís do goberno empregan os vehículos do concello “de xeito abusivo e sen ningún tipo de xustificación”. Critican de xeito particular o caso do  antigo coche de Medio Ambiente, ao que “se lle retiraron os adhesivos do concello de Redondela” e engaden que o alcalde está a asinar facturas de gasolina que superan os cen euros de media nos últimos meses.

Entre os usos que o bloque atopa irregulares está o feito de que se utilicen estes vehículo para mercar prantas “cando deberían ser os provedores quen se desprazaran a Redondela para transportar a mercancía”.
Nunha pregunta feita xa no seu momento polo BNG  ao equipo de goberno respostouse que os criterios para o uso destes coches, eran en función das necesidades do servizo, sen embargo os nacionalistas aseguran que os horarios nos que se están utilizando estes coches propiedade municipal son as veces fóra de horario prestado polos servizos municipais, nas tardes ou nas fins de semana, polo que “non  poden considerarse como necesidades de servizo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará